Monday 29 de April de 2024

A Xunta de Galicia adxudica mediante un sorteo ante notario sete viviendas de promoción pública en Eirís e Novo Mesoiro


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acudiu esta mañá ao sorteo de sete vivendas propiedade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda situadas nos barrios coruñeses de Novo Mesoiro e Eirís. Trátase de catro vivendas situadas na rúa Ribeira Sacra, dúas na avenida de Lamadosa e unha na rúa Javier López López, na zona do Oleoducto, algunhas para aluguer e outras para venda.

O sorteo, realizado ante notario e en presenza do xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Antonio Álvarez, tiña por obxecto determinas a distribución das vivendas, que xa foran adxudicadas con anterioridade seguido os criterios das listas de demandantes de vivenda pública. Os pisos teñen entre dous e catro dormitorios, con superficies de entre 64 e 87 metros cadrados e dous deles ocupan pisos tipo dúplex. Ovidio Rodeiro felicitou aos adxudicatarios e quixo destacar que “a Xunta é, a día de hoxe, a administración que máis solucións aporta a crecente demanda de vivenda pública na cidade da Coruña”. Aproveitou para recordar que a consellería está á espera da resposta do Concello ao proxecto reformulado para construír 40 vivendas de promoción pública no Parque Ofimático, cun investimento blindado de 5,5 millóns de euros, e xa en licitación.